26.4.18

Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva. Galaxia-Literaria.(2016)

Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.
Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva. (editorialgalaxia.gal)

25.4.18


O luns 23 o Día Mundial do Libro na Biblioteca Lama das Quendas co xogo do rosco. 40 participantes en parellas ou individualmente debían completar o rosco que lles proporcionamos xunto con 27 preguntas cuxas respostas comezaban por cada unha das letras do abecedario e correspondían a títulos de libros, autores, personaxes, relatos... dos diferentes libros cos que contamos na biblioteca. Podían consultar nos ordenadores pero moitas respostas obrigaban a manexar os nosos fondos bibliográficos.
Prestaba ver as diferentes técnicas utilizadas e os pasos que daba a rapazada, á procura do maior número de respostas correctas. Moit@s desenvolvíanse na biblioteca coma peixe na auga.
Precisabamos máis tempo, ninguén completou o rosco, por iso quedaron citados para hoxe, martes, para facer a entrega de premios. Tod@s levaron un agasallo só por participar pero os clasificados como primeiro e segundo polo número de respostas correctas levaron un maior.Os gañadores foron Xabier Novoa Bermúdez e Beatriz Rodríguez Carnero.O segundo posto  estivo moi reñido, houbo un empate entre 8 equipos.
Deixámosvos imaxes da actividade do Día do libro e da entrega de premios do día seguinte.



24.4.18

Doce cartas a María  Victoria Moreno de Ánxela Gracián. Hércules de Ediciones. (2018)
Doce cartas a María  Victoria Moreno é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala, porque ela o soñou bondadoso.

20.4.18

Na vindeira semana conmemórase, como podedes ver no cartel da esquerda, o Día Mundial do Libro e  dos Dereitos de Autor.
Como cada ano en tales datas, dende hai tempo, un autor, neste caso, Fran Alonso cedeu un texto para o festexo. Podédelo ler na fotografía do díptico que vos amosamos debaixo, e por favor lembrade que nos gustan as persoas rebeldes.
No I.E.S. Lama das Quendas tamén celebraremos o Día do Libro con actividades lúdicas na biblioteca durante o recreo da xornada do luns. Xogaremos cuns libros e agasallaremos con outros aos mellores participantes.
Non faltes. Contamos con cada un de vós!!











19.4.18

Se hai uns días falabamos da biblioteca pública máis ao norte do mundo, hoxe traémosvos  a que está máis ao sur. Na  capital da Terra de Fogo arxentina, en Ushuaia , atópase a Biblioteca Popular Sarmiento  fundada por un grupo de veciños en 1926 coa pretensión de ser un centro cultural  rexional destinado a unir ao vecindario para reclamar máis dignidade para este territorio e os seus habitantes.
O edificio é o típico da cidade de Ushuaia, non ten características destacables pero traemos aquí esta biblioteca pola súa ubicación na cidade máis austral do mundo.
Non temos fotos do interior porque cando fomos estaba pechada e só puidemos ver o edificio polo seu exterior, sen poder entrar e consultar os fondos que posuía. Pasaran case 90 anos dende que abrira nesta cidade que é a porta de entrada á Antártida.Tivera que pechar por falta de persoal para atendela.
Afortunadamente temos noticias de que hoxe en día está de novo operativa e traballan nela para achegarse á comunidade e xerar un espazo de portas abertas programando diversas actividades nas que implican aos veciños e visitantes. Se tedes previsto viaxar ao sur da Arxentina non dubidedes en ir á Biblioteca Popular Sarmiento e participar na lectura ou nas actividades que se realizan nela.

NON HAI LUZ SEN ESCURIDADE de ANDREA BARREIRA FREIJE. Urco-xuvenil.(2015)

Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a levará a atopar o dragón que lle pertence, Lea sae por primeira vez da escuridade dos seus dominios e agarda poder atopar a luz que vira unha vez sendo unha meniña. Ao longo da viaxe atopará moitas persoas novas e fará amizades, entre elas, Sarxa, a princesa das fadas, un ser totalmente antagónico a ela, ao tempo que adquirirá coñecementos, tanto de maxia negra como de maxia branca, e descubrirá cousas sobre si mesma. (urcoeditora.com)

18.4.18

HERBERT WEST, O REANIMADOR E OUTRAS HISTORIAS ARREPIANTES de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica. (2013)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 11. 

Neste volume inclúense varias historias do Lovecraft novo que oscila entre o macabro e o onírico, entre os terrores da cripta e as visións dun alén aterrecedor. Xunto cun feixe de relatos escritos entre 1920 e 1923, culmina o volume a novela curta protagonizada polo estudante de medicina Herbert West e a súa obsesión pola reanimación de cadáveres. Escrita en orixe como unha parodia do Frankenstein de Mary Shelley, Lovecraft combina aquí o homorístico co arrepiante, nunha mestura que, no seu tempo, non gozou de excesivo éxito, mais que o foi gañando co paso dos anos. En 1985 Stuart Gordon levou a historia á gran pantalla co seu Re-animator, que se converteu nun filme de culto para os amantes do xénero e que fixo mundialmente coñecida a historia do solitario de Providence.

17.4.18

ALÉN DO MURO DO SOÑO E OUTROS CONTOS MACABROS de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica. (2013)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 10. 

Velaquí un Lovecraft novo, fresco, cargado de forza xuvenil que trae lembranzas dos grandes clásicos do xénero sobrenatural. Edgar Allan Poe, Arthur Machen, William Hope Hodgson, Lord Dunsany… podemos ouvir ecos de todos eles nos relatos que se recompilan neste volume, contos todos eles escritos entre 1917 e 1920. Achámosnos, daquela, nos primeiros traballos publicados do Solitario de Providence, moi debedores dos pioneiros que arriba mencionamos, mais nos que xa se ve ás claras o xermolo do grande narrador de pesadelos do século XX. As tumbas e as posesións fantasmais altérnanse con ese xa ben coñecido temor atávico ao mar, os cultos impíos, as civilizacións dun pasado inimaxinábel, as deidades das estrelas… Este libro supón unha pedra de toque, un punto de unión no que se equilibra, dunha banda, a tradición terrorífica do XIX e por outra, o novo terror materialista que o propio Lovecraft levou até as cotas máis elevadas.

16.4.18

A elegancia do século de Pura Tejelo. Poesía-Xerais. (2017) 
Premio Johán Carballeira, 2016
Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable. En cada poema atopamos lugares e personaxes recoñecibles, contemplados desde unha perspectiva próxima, nus ante a loita pola supervivencia. Son homes e mulleres cheos de valor e dignidade, persoas anónimas; pero conscientes, non derrotadas. Este é un libro vital, un canto de esperanza, no que a tenrura e o humanismo conviven coa ironía, o xogo e a experimentación. Un poemario sereno e comprometido, onde as palabras, xustas e belas, conviven en harmonía. Ese é o sentido último da palabra poética, o gran valor de A elegancia do século. (Xerais)


13.4.18

Rematou hoxe a  XIII da Semana da Poesía que comezara  o pasado luns coa colocación dos 10 recunchos que amosan outros tantos traballos de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato coordinados por Paz Fernández Vázquez.Traballaron con distintos autores: María Reimóndez, Lois Pereiro, Carlos Negro, O Leo, Ana Silva, Rodríguez Fer, Lupe Gómez e Nuria Vil. Grande tarefa a que fixeron estes alumnos coas suxestións inestimables da súa profesora de Lingua Galega e Literatura  que sacou deles toda a creatividade e ilusión para programar unhas actividades nas que ao longo do martes e xoves participaron , por quendas, todos os alumnos de E.S.O. do noso instituto.
O día grande da semana foi o mércores cando recibimos a visita de  Leo Arremecághona e Nuria Vil , dous poetas novos que recitaron algúns dos seus poemas, amosaron vídeos que ilustraban algunha das súas composicións e , no caso do Leo, uniron música e letras para facer as delicias dos asistentes que, de novo, foron todos os da ESO en dúas sesións ao longo da mañá. Momento interesante foi o final do encontro cando moitas persoas fixeron  interesantes preguntas aos poetas e estes responderon con honestidade, claridade e dun xeito moi próximo.

O xoves, ademais da participación nos obradoiros que había no Salón de Actos, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu ao recital de poesía programado en colaboración coa Biblioteca do centro durante o recreo. A idea era que leran composicións que calquera compañeiro creara mais non tendo poemas propios púxoselle voz aos de moitos poetas galegos de diferentes épocas. Foi coma un enfrontamento poético no que cada quen quería recitar un poema que fose mellor ca o anterior.( Claro que hai opinións...).
As actividades  destes alumnos remataron esta mañá co "botellón poético" do tempo de lecer. Non hai que preocuparse, non houbo alcohol, ninguén acabou bébedo, pero si rematamos todos cunha "chea" de poemas na nosa cabeza nun ambiente distendido, lúdico e musical. Imaxinades a situación? Pois  agora visualizádenos cun berro de loita: Con máis poesía , mellor sería a vida!!

12.4.18

A PROCURA SOÑADA DE KADATH A DESCOÑECIDA de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica. (2012)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 8. 

Coa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento. Trátase do texto de maior extensión do “ciclo do soño” e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks.

10.4.18

CONTOS DO CICLO DO SOÑO de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica. (2012)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 7. 

Normalmente chámaselle “contos do ciclo do soño” a aquela historias de H.P. Lovecraft comprendidas entre a súa etapa máis temperá, a dos “contos macabros”, inspirada por Poe e toda a tradición romántica norteamericana, e o seu apoxeo como escritor, que lle veu co denominado “ciclo de Cthulhu”.

9.4.18


O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. Edición literaria-Xerais. (2017)

«Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.»Ou si?Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas?Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala.Alén dunha simple aventura, "O xogo de Babel" traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.(xerais.gal)

6.4.18

O TERROR SOBRENATURAL NA LITERATURA de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica. (2012)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 9. 

O terror sobrenatural na literatura, noveno volume da nosa “Biblioteca Lovecraft” é unha desas obras indispensábeis que todo amante da literatura terrorífica e sobrenatural debera ter nos seus andeis.

5.4.18

Iniciamos unha sección de bibliotecas e librerías que visitamos polo mundo adiante. Algunhas  persoas, amantes das bibliotecas, cando viaxamos tamén as incluímos nas nosas visitas para coñecelas, admiralas, comparalas...
Hainas ben curiosas, e famosas; pequeniñas e con encanto; modernas ou antigas; públicas ou privadas... en fin, que hai para todos os gustos e , daquelas que temos visto, queremos amosarvos as máis curiosas.
Esperamos que vos gusten e convidámosvos a que nos fagades chegar, a través dunha mensaxe, outras que vós coñezades e así todos poderemos disfrutar das imaxes e, quen sabe se faremos por visitalas calquera día!
A primeira que vos imos amosar é a última que pisamos, unha biblioteca situada a 350 Km.  ao norte do círculo Polar Ártico, a situada máis ao norte no mundo, a Biblioteca Pública de Tromso (Noruega). Pódese atopar no centro da cidade ártica.
Contruida no 2005 remodelando un local de cine que pechara en 1969, ten un deseño moderno con catro fachadas acristaladas  nas que destacan uns arcos inclinados con formas paraboloides hiperbólicas. A luz natural, cando a hai 
(a nosa visita foi en  época de inverno con poucas horas de luz), inunda os 3.710 m² das catro plantas nas que se organiza con espazos abertos nos que atopamos zonas de lectura, de internet, de traballo en pequeno grupo, de axedrez, , infantil, cafetería...Un lugar no que se gardan uns 10.000 documentos en diferentes formatos e inclúe unha curiosa colección de literatura sobre o Ártico e a Antártida e as diferentes expedicións polares.
Podedes ver as  fotos do exterior e interior desta fermosa biblioteca polo día 
(disfrazado de noite) e pola noite do seu inverno polar.




























FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica.(2011)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 6. 

En Leng, onde os picos rochosos se erguen agrestes e espidos
baixo estrelas frías vedadas á visión humana,
atravesa a escuridade un só feixe de luz
cuxos distantes raios fan murmurar rezos aos pastores.
Contan, aínda que ninguén estivo alí, que vén
dun faro sobre unha torre de pedra,
onde o último dos Anciáns vive en soidade,
falando co Caos co bater de tambores.
A Cousa, murmuran, leva unha máscara de seda
amarela, cuxos estraños pregues semellan ocultar
un rostro que non é deste mundo, aínda que ninguén pregunta
cales son eses trazos que sobresaen tras eles.
Moitos, na primeira infancia da humanidade,
dirixíronse a esa luz,
mais o que atoparon, ninguén o saberá nunca.Poema XXVII – O Faro do Ancián

4.4.18

A COUSA NO LIMIAR E A SOMBRA FÓRA DO TEMPO de H.P. LOVECRAFT. Urco-Gótica.(2011)

BIBLIOTECA LOVECRAFT 5. 

Con este volume remata o primeiro ciclo da biblioteca Lovecraft, dedicado aos “Mitos de Cthulhu”, aínda que a colección continuará en vindeiros títulos cos contos do ciclo do soño e as historias macabras.
Presentamos aquí dúas obras da madurez do solitario de Providence. A primeira delas, o relato A cousa no limiar, centra a súa atención arredor dun protagonista atormentado cuxo corpo é posuído por un espírito maligno que desexa acabar coa realidade que coñecemos. A segunda, a novela breve A sombra fóra do tempo, versa sobre unha antiga raza extraterrestre que poboou a Terra hai millóns de anos, capaz de proxectar as súas mentes a través do espazo-tempo para así vivir eternamente e atesourar a sabedoría de todo o universo. Ambas as dúas historias son perfectos representantes das dúas liñas fundamentais dos Mitos: Por unha banda a existencia de persoas malignas no noso contorno que desexan abrir as portas da nosa realidade a entidades doutros planos dimensionais, e pola outra a constatación dun pasado do noso planeta distinto ao que tradicionalmente coñecemos pola ciencia, poboado de razas intelixentes e avanzadas procedentes doutros astros cuxa existencia pasada ten ou pode ter consecuencias no presente.

3.4.18


Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. Narrativa-Xerais.(2017)


Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega. Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e protexido da Falanxe, o cego Luís Ruzo e o falanxista Paco, que tiveran algo que ver naquel suceso, reaparecen case corenta anos despois en Roma para abrir un novo caso no que se mesturan o achado dun vello papiro, crenzas esotéricas e unha posible conxura político-relixiosa. Doroteo Acuña, coa insólita colaboración dunha singular monxa, vaise ver envolto nese enredo, malia estar seguro, desde o primeiro momento, de que a súa solución está fóra do alcance dun tranquilo policía xubilado. (xerais.gal)

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (23) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (5) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (2) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (7) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)